30 abr 2013

Empresa da familia de Louzán gaña medio millón da Deputación (por que será que non nos sorprende?)


Fai agora un mes o PP local de Ribadumia atacou a Enrique Oubiña cunha absurda moción de reprobación por instalos, nunha carta pública asinada por el e por Ramón Mouriño, a opoñerse a situación de corrupción que  impera no seu partido (PP). Velaqui algúns dos motivos da súa reacción, e da súa negativa a apoiar unha proposta do noso concelleiro e comprometerse por escrito a opoñerse a toda corrupción e  a tomar medidas contra ela se se mostraba no seu partido: Están todos no mesmo saco corrupto. Porque por moito que  digan, certas actitudes, como facer rica a familia ou a amigos á conta do peto dos cidadáns, poderán ser legais, pero nin son éticas  nin son morais, e dende logo son actitudes totalmente corruptas.

Os seus camións están nunha finca de Ribadumia na que cea a miúdo a cúpula do PP, incuído Rajoy. A construtora logra tantas contratas que varias veces a Deputación de Pontevedra admitiu no BOP que non lle podía alugar máis camións porque xa os tiña todos traballando para a propia Deputación. "Todo está legal".

Áridos de Curro S.L. (Aricur) recibiu da Deputación de Pontevedra máis de 502.000 euros nos últimos seis anos. O administrador único da empresa, segundo se pode comprobar no Rexistro Mercantil, é Juan Luís Abal Piñeiro, primo segundo do presidente da Deputación, Rafel Louzán Abal (PP).

Aricur gañou 15 adxudicacións neste tempo, varias delas mediante concursos sen publicidade ou a través da prolongación das contratas. As adxudicacións a Aricur son tan constantes que polo menos dúas veces a Deputación tivo que admitir no seu propio Boletín (BOP) que non lle adxudicaba máis contratos á constructora porque Aricur xa lle alugara todos os seus camións á propia Deputación.

Versión da Deputación

Consultada a Deputación sobre estes feitos, fontes oficiais explicaron que "todo o relacionado con Áridos de Curro está legal". As mesmas fontes admiten que hai unha relación "familiar" entre Louzán e a empresa, relación que cualifican, iso si, de "moi, moi lonxana".

Ademais insisten en que Áridos de Curro xa traballaba para a Deputación antes de que Rafael Louzán fose presidente. Os voceiros oficiais defenden a legalidade dos procedementos nesa administración até o punto de invitar a todos os medios a consultar calquera expediente.

29 abr 2013

Beiras cre que o "rebentón social" se producirá antes do remate da lexislatura



O voceiro de Anova vaticina que o rebentón social non permitirá rematar a lexislatura galega nin a estatal.
Sobre vindeiros procesos electorais, avogou por "unha fronte ampla popular" para derrotar ao PP, "ventrílocuos do gran poder do capital bancario".
En declaracións á Cadena Ser, Xosé Manuel Beiras augurou que haberá un rebentón social nesta lexislatura.
Preguntado sobre as peticións de desculpas ou da súa dimisión por parte do PP, Beiras sinalou que "quen deben dimitir son eles". "Por cousas moito máis pequenas se dimite en Europa e aquí, o que teñen que hacer é aclarar absolutamente as cousas, pois este señor (Feijóo) está desprezando absolutamente á cidadanía".

En canto a vindeiros comicios, Beiras sinalou que cómpre replantexar a fórmula exitosa de AGE de xeito aberto para que se poida "ampliar o espectro". "Mentras dure a lexislatura, aí estaremos" - sinalou -, e "se o facemos ben" como se está a facer, alimentará a configuración dunha "fronte ampla popular" que permitirá derrotar ao PP "aínda que reduza os deputados a 61".
Sobre isto, Beiras acusou ao PP de fabricar unha "cortina de fume" coa proposta de reducción de escanos na Cámara galega para esquivar a crise política aberta polas fotos de Feijóo co narcotraficante Marcial Dorado.


27 abr 2013

As empresas de Marcial Dorado recibiron 157.000 euros dos gobernos de Fraga


Ás cinco e media da tarde dun venres, en plena treboada posterior ao anuncio dos novos recortes aprobados no Consello de Ministros e dúas horas antes do Comité Nacional do PSdeG. Este foi o escenario elixido polo Goberno galego para remitirlles aos medios de comunicación unha relación de contratos e axudas formalizados coas empresas do narcotraficante Marcial Dorado "nos últimos vinte anos" ou, o que é o mesmo, a resposta á pregunta formulada no Parlamento por AGE, a mesma que, segundo Alberto Núñez Feijóo, "non merecía" a coalición que encabezan Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz. Nun comunicado de cinco páxinas no que o Executivo centra os seus esforzos en insistir en que "a maior axuda pública" que recibiron estas empresas foi do bipartito é posible concluír que os gobernos de Manuel Fraga lles achegaron máis de 157.000 euros.

26 abr 2013

O paro esta xa fora de todo control.



Onte publicáronse as cifras de Paro en España.  Os datos son demoledores .

6.202.000 parados no estado español.

287.400 parados en Galicia.

Por provincias galegas, temos que os malos datos os encabeza precisamente a provincia de Pontevedra, que con 109.700 parados, chega a unha taxa do 24,87% de parados sobre a poboación activa. Séguelle en porcentaxe de paro, Ourense, cun 23,99% de paro e 32.300 persoas en paro, Logo Lugo, cunha taxa 20,84% e 31.600 parados e finalmente A Coruña, que ten unha taxa de paro do 20,38%, poñéndose nos 113.800  parados.

Pero hai máis datos negativos.  En Galicia 93.000 fogares teñen a todos os seus membros en paro, 12,5% máis que fai un ano.

Estas cifras e as declaracións do ministro De Guindos deste mediodía onde deixou claro que o Partido Popular desiste de que se vaia a crear emprego o longo desta lexislatura, deixan claro que tanto as políticas económicas do PP como a súa reforma laboral non solo non conseguiron ningún tipo de mellora na situación das persoas que viven neste país, en especial das que sofren o drama de non encontrar traballo, se non que esta  situación non vai mellorar como mínimo en tres anos.

Chama a atención en Galicia que as cifras de paro mais alto sexan as da provincia de Pontevedra e de Ourense, núcleos duro do poder do Partido Popular, de tal xeito que cada dia queda máis claro, para a desgraza da cidadanía deste país, que o Partido Popular, alí por onde pasa, arruínao todo, menos os petos dos seus dirixentes.





25 abr 2013

O Sergas privatiza a atención a través da limitación das listas de espera



As vías que escolle o Partido Popular para reducir o público son diversas. O anteproxecto de lei de garantías sanitarias contén unha das máis disimuladas: a través da limitación das listas de espera nos hospitais públicos a sesenta días, aumentará o desvío de pacientes a centros privados. Así o denunciou no pleno do Parlamento de Galicia a deputada de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Eva Solla: “Cos seus recortes, vostedes saben que será imposíbel cumprir cos sesenta días e así os pacientes serán desviados á privada. Por certo, con listas de espera aínda maiores. Vostedes xogan coa saúde para beneficiar a catro empresarios”.

Solla esixiu, ademais, que o Sergas publique trimestralmente as denominadas listas de espera non estruturais. “Esta estatística foi creada pola consellaría en 2005 para manipular os datos da sanidade pública”, asegurou, “porque nese departamento son especialistas en ocultar información”. A parlamentaria de AGE solicitou de Sanidade as listas de espera non estruturais e recibiu por resposta un escrito de dúas liñas cunha ligazón que a remitía ás listas estruturais. “Os datos son nesgados e vostedes saben que hai xente que que agarda durante anos”, apuntou Eva Solla, quen lembrou como Alberto Núñez Feijóo, en 2007, alcumaba esas listas de espera non estruturais de “burato negro”. “O PP practica o oportunismo político, di unha cousa na oposición e outra no goberno”, rematou a deputada de Alternativa, “e póñense do lado escuro do capital e non coa xente”.

24 abr 2013

Xosé Manuel Beiras acusa ao PP de ter “unha visión totalitaria do poder”

Xosé Manuel Beiras acusa ao PP de ter “unha visión totalitaria do poder” e de darlle a volta á democracia ao se negar a responder á oposición. “Nós solicitamos a dimisión do señor Núñez”, expón o portavoz de Alternativa Galega de Esquerda, “e veñen eles e queren controlar a oposición no canto de explicar o que se lles pregunta”
Xosé Manuel Beiras, portavoz de Alternativa Galega de Esquerda, acusa ao PP de ter “unha visión totalitaria do poder”. “Somos nós, a oposición, os que estamos solicitando explicacións do presidente da Xunta, somo nós os que solicitamos a súa dimisión pola súa falta de ética e asúa querenza pola mentira”, explica, “e veñen eles, a dereita, darlle a volta á democracia e a esixir a dimisión da oposición”. Non só iso, o señor Núñez volveu ofrecer un recital de silencios estrondosos sobre o que se lle preguntaba, detalles da súa amizade co contrabandista e narcotraficante Marcial Dorado.
Aínda se fixo, co seu grupo, a vítima cando Beiras se achegou ao seu escano para lle esixir “decencia”.

22 abr 2013

CONVOCATORIA DE XUNTANZA GRUPO LOCAL DE ANOVA CAMBADOS - RIBADUMIA - MEIS.


LUNS, 22 DE ABRIL, AS 20.00 HORAS.
CENTRO SOCIO-CULTURAL DA MERCED (CAMBADOS).

Na anterior xuntanza do Grupo Local de ANOVA quedamos en establecer un calendario de Asambleas e COMO SEMPRE SON ABERTAS POLO QUE A PARTE DE ASISTIR PODEDES CONVIDAR A QUEN ESTIMEDES.

Entre os temas locais a tratar estarían a situación que están a pasar os mariscadores pola baixada de prezos e falta de producto, o tema da seguridade vial en Castrelo e a situación dos parques infantis das parroquias, a parte doutros que poidan surxir na xuntanza. Tamén informaremos do proceso da Asemblea Nacional de ANOVA, do calendario da mesma e dos documentos presentados.

18 abr 2013

O batallon dos 1.100 Beiras



Anova celebra o domingo a primeira sesión da súa asemblea tras ser creado como un partido sen sedes nin liberados e  con solo un ordenador.


Para ver a nova preme aqui

17 abr 2013

Anova Alternativa Ribadumia informa dun vertido ó río Umia.



Enrique Oubiña informou do mesmo tanto  a garda civil como a augas de Galicia para que se comprobe a procedencia e tomen as medidas oportunas.



No día de onte o concelleiro Enrique Oubiña puxo en coñecemento das autoridades a localización dun vertido que dende un regato chegaba o rio Umia a altura de Barrantes, moi cerca das naves da antigüa fabrica de  “Conservas Olimpico”, e desembocando no Umía uns metros adiante da ponte que une Barrantes e Vilariño, na zona de humidal protexida pola que se pretende facer o paseo fluvial que unirá Barrantes coa ponte de Castrelo -Cambados. 

Inda que neste caso, logo de acudir coa técnica de Augas de Galicia o lugar concreto e comprobar que en principio o vertido procede dunha tubaria de fecais, polo que parece ser  un vertido fortuíto procedente da rede de saneamento por rotura ou atasco,  non deixa de ser  un mais dos moitos vertidos e problemas que afectan ao Rio Umia.

Para ANOVA Alternativa Ribadumia non é de recibo esa doble mensaxe que practica o PP, en verbas do propio Concelleiro Enrique Oubiña non podemos entender como por un lado se fala de rexeneración total do río logo da crise de Brenntang e se presentan proxectos para facer paseos e rutas fluviais; e mentres tanto seguen persistindo e permitíndose moitos dos problemas que impiden un adecuando saneamento do seu cauce, dende verquidos incontrolados, industrias nas súas marxes sen os adecuados sistemas de depuración ou a contaminación da auga do embalse e tamén embalse abaixo por Microcystis”.
ANOVA Ribadumia solicitará explicacións no pleno de Ribadumia e pedirá que se reclame do Goberno da Xunta de Galicia que dunha vez por todas tome medidas para correxir esta situación.  





13 abr 2013

Anova Alternativa Ribadumia denuncia o mal estado das instalacións do ximnasio municipal.



Enrique Oubiña esíxelle a Salomé Peña que en lugar de empregar as instalacións municipais como oficinas de recadación, empregue os ingresos polo seu uso no seu mantemento e mellora.

 

Esta maña (12/04/2013) o concelleiro Enrique Oubiña presentou un escrito no concello denunciando a situación do ximnasio municipal, onde dende fai meses se están dando  por un lado casos de humidades que están afectando as paredes internas das instalacións e cuxa repararación urxe para evitar danos maiores, pero  sobre todo de maquinas que se avarían e pasan semanas cun carteliño de “non funciona” , sen que ninguén faga nada. Hai que recordar que o ximnasio municipal é unha instalación por cuxo uso os veciños pagan unha cota, e non é admisible que eses usuarios non se  encontren as instalacións en perfecto estado cando van facer uso delas. 

  Para Enrique Oubiña e evidente que Salomé pensou que isto era chegar, coller as instalacións montadas por outros, e poñerse a cobrar, sen darse conta de que as maquinas, especialmente as cardiovasculares eléctricas (elípticas, cintas, steps..) teñen unhas labouras de mantemento que deben ser realizadas por profesionais cualificados e que non se poden deixar de lado”.

   Para Anova Alternativa Ribadumia é evidente que se as instalacións non se coidan e se manteñen adecuadamente os veciños deixaran de acudir, algo que esta ocorrendo xa, vendo a mingua nos ingresos deste ano pasado con respecto o anterior, cunha redución de case o  25%, pasando dos  casi 6000€ do 2011 os 4000€ do 2012.

Para Enrique Oubiña e impensable que o concello actúe con tal deixadez, polo que insta a Salomé Peña unha vez máis a cumprir coas súas obrigas como alcaldesa e a  que se ocupe de que as instalacións municipais estean en perfectas condicións, comezando pola urxente reparación da maquinaria avariada.

11 abr 2013

Feijóo debe facer públicos os contratos con empresas de Marcial Dorado e logo dimitir



As mentiras de Alberto Núñez Feijóo, emitidas onte no Parlamento de Galicia, revelaron unha indecente e preocupante catadura moral. A de alguén, en palabras da viceportavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) Yolanda Díaz, “capaz de calquera cousa con tal de se manter no poder”. “Non é posíbel que non soubese quen era e a que se dedicaba Marcial Dorado naquel tempo”, expuxo Díaz, “como onte demostrou na Cámara a oposición”. Cando Feijóo navegaba e ía de vacacións por media Península Ibérica con Dorado, este xa fora procesado por contrabando de tabaco –o delito prescribiu antes de que se ditase sentencia- e aparecía nas páxinas dos principais xornais como un dos presuntos capos da droga –por cuxo tráfico cumpre agora condena. “Foi unha burla á cidadanía deste país”, resumiu.
Cada día que pasa desde que as fotos de Feijóo e Dorado saíron á luz pública, máis elementos desa amizade van agromando. Houbo máis anos de relación dos que dixo o señor Núñez ao comezo, houbo máis viaxes das que dixo, e houbo contratos coa trama societaria de Marcial Dorado. Alternativa Galega de Esquerda esixe ao presidente da Xunta que abandone o seu ton matonil e as ameazas, veladas ou non, aos grupos da oposición parlamentaria e saque dos caixóns os contratos da Xunta coas empresas do seu amigo e narco da Illa de Arousa. E faga, dunha vez por todas, por relatar a verdade e as implicacións reais de todas esas vacacións, noitevellas incluídas, que Feijóo e Dorado pasaron xuntos. A partir de aí, segundo AGE, a única saída que lle queda a Alberto Núñez Feijóo é poñer o seu cargo a disposición do Parlamento. Só o seu limitado entendemento da democracia, revelador da tradición política en que se insire, lle permite continuar no cargo logo de se descubrir as súas, como mínimo, perigosas amizades.

10 abr 2013

Beiras acusa a Feijóo de “facer calquera cousa con tal de se manter no poder, como os seus antecesores no 36”




A inmoralidade preside o labor político de Alberto Núñez Feijóo. A súa cobiza política ilimitada quedou outra vez de manifesto na súa infame comparecencia desta mañá no Parlamento de Galicia. Se a intención da oposición consistía en que o señor Núñez explicase as súas relación co contrabandista e log narcotraficante Marcial Dorado, ao que asistiu foi a un exercicio inmenso de cinismo, medias verdades, embustes, terxiverxacións, traizóns e insultos á máis elemental ética.“Vostede non entende a relación entre ética e política”, espetoulle un indignado Xosé Manuel Beiras, portavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) ao presidente da Xunta, “e faría, no seu narcisismo, calquera cousa con tal de se manter no poder, como fixeron os seus antecesores no 36”.



Beiras comezou a súa intervención cunha homenaxe ao economista e escritor José Luis Sampedro, morto hai uns días, “un deses seres humanos que fan a un sentirse orgullos de ser humano, o contrario do que acontece con vostede, señor Núñez”. Despois acusou ao presidente de realizar un recital de desvergoña e desprezo aos cidadáns do común coas súas incríbeis explicacións. “Eu son vello e vinlle a faciana ao fascismo”, expuxo para relatar o podre territorio moral en que arraiza a dereita extrema, “e vin

O voceiro de AGE emocionase na tribuna e chora por "noxo e de carraxe"




O voceiro de Alternaternativa Galega de Esquerda, Xosé Manuel Beiras, asegura sentir noxo e indgnación ante o "recital de desvergoñas" do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, na súa intervención na comparecencia no Parlamento de Galicia para dar explicacións pola súa relación de amizade co narcotráficante Marcial Dorado. O voceiro de AGE emocionase na tribuna e chora por "noxo e de carraxe". Beiras lamenta ter que volver a ver "a faciana do fascismo unha vez máis nesta cámara" coa intervención de Alberto Núñez Feijoo.

Beiras di que son noxentas as explicacións do Señor Nuñez sobre as súas relacións e as do Partido Popular co contrabando e o narcotráfico.

9 abr 2013

A Lei de Universidades é un “vulgar plaxio” da norma andaluza aprobada en 2011


Trinta e seis artigos, 111 epígrafes e a estrutura do proxecto de Lei de Universidades que o conselleiro de Educación levou onte ao Parlamento de Galicia son “un vulgar plaxio” da norma andaluza aprobada en 2011 cos votos do Partido Popular. “Os únicos obxectivos que ten”, denunciou ademais o deputado de Alternativa Galega de

4 abr 2013

A Xunta debe encargarse da vixilancia dos bancos marisqueiros



Dende 2002, un decreto da Xunta –daquela presidida por Manuel Fraga Iribarne- obriga ás mariscadoras a realizar as denominadas “actividades de coidado, control, seguimento, protección e vixilancia dos bancos O principal é que as traballadoras asumen perigos e riscos ao se enfrontar con organizacións furtivas ou a accidentes que, legalmente, poden ser considerados non laborais. Segundo Fajardo, e así o expón o documento da proposición, a única saída para estas circunstancias consiste en que sexa a propia Xunta a que se faga cargo da vixilancia e control dos bancos marisqueiros. “Sería, a maiores, unha maneira de crear emprego”, expón, “e podería financiarse cos cartos que a Consellaría do Mar destina aos portos deportivos”.
marisqueiros”. Para Alternativa Galega de Esquerda (AGE), que vén de presentar unha proposición non de lei ao respecto a través do seu deputado Juan Fajardo, esta situación xera numerosos problemas e conflitos.
“Ademais existe unha contradición entre os traballos de garda das mariscadoras e a normativa estatal que ordena que ‘os traballos privados de garda e control’ só os poden realizar persoal habilitado ao efecto”, denuncia o parlamentario de Alternativa, quen cualifica de “alegal” o sistema galego en que son as traballadoras as encargadas. Ademais, engade, a imposición da vixilancia ás mariscadoras e mariscadores “colisiona frontalmente coa conciliación familiar” e contradín a retórica da Xunta sobre o que chaman “fomento da natalidade”. “A Xunta debe introducir xa unha modificación que elimine a imposición de labores de control, seguimento, vixilancia e protección dos bancos marisqueiros ás mariscadoras e mariscadores”, conclúe Fajardo.