Enrique Oubiña informou do mesmo tanto a garda civil como a augas de Galicia para que
se comprobe a procedencia e tomen as medidas oportunas.
No
día de onte o concelleiro Enrique Oubiña puxo en coñecemento das autoridades a
localización dun vertido que dende un regato chegaba o rio Umia a altura de
Barrantes, moi cerca das naves da antigüa fabrica de “Conservas Olimpico”, e desembocando no Umía
uns metros adiante da ponte que une Barrantes e Vilariño, na zona de humidal
protexida pola que se pretende facer o paseo fluvial que unirá Barrantes coa
ponte de Castrelo -Cambados.
Inda que neste caso, logo de acudir coa técnica
de Augas de Galicia o lugar concreto e comprobar que en principio o vertido
procede dunha tubaria de fecais, polo que parece ser un vertido fortuíto procedente
da rede de saneamento por rotura ou atasco, non deixa de ser un mais dos moitos vertidos
e problemas que afectan ao Rio Umia.
Para
ANOVA Alternativa Ribadumia non é de recibo esa doble mensaxe que practica o
PP, en verbas do propio Concelleiro Enrique Oubiña “non podemos entender como por un lado se fala de rexeneración total do
río logo da crise de Brenntang e se presentan proxectos para facer paseos e
rutas fluviais; e mentres tanto seguen persistindo e permitíndose moitos dos
problemas que impiden un adecuando saneamento do seu cauce, dende verquidos
incontrolados, industrias nas súas marxes sen os adecuados sistemas de
depuración ou a contaminación da auga do embalse e tamén embalse abaixo por
Microcystis”.
ANOVA
Ribadumia solicitará explicacións no pleno de Ribadumia e pedirá que se reclame
do Goberno da Xunta de Galicia que dunha vez por todas tome medidas para
correxir esta situación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario