Enrique
Oubiña esíxelle a Salomé Peña que en lugar de empregar as instalacións
municipais como oficinas de recadación, empregue os ingresos polo seu uso no
seu mantemento e mellora.
Esta maña (12/04/2013) o concelleiro Enrique Oubiña presentou un escrito no concello denunciando a situación do ximnasio municipal, onde dende fai meses se están dando por un lado casos de humidades que están afectando as paredes internas das instalacións e cuxa repararación urxe para evitar danos maiores, pero sobre todo de maquinas que se avarían e pasan semanas cun carteliño de “non funciona” , sen que ninguén faga nada. Hai que recordar que o ximnasio municipal é unha instalación por cuxo uso os veciños pagan unha cota, e non é admisible que eses usuarios non se encontren as instalacións en perfecto estado cando van facer uso delas.
Para Enrique Oubiña “e evidente que Salomé pensou que isto era chegar, coller as
instalacións montadas por outros, e poñerse a cobrar, sen darse conta de que as
maquinas, especialmente as cardiovasculares eléctricas (elípticas, cintas,
steps..) teñen unhas labouras de mantemento que deben ser realizadas por
profesionais cualificados e que non se poden deixar de lado”.
Para Anova Alternativa Ribadumia é evidente
que se as instalacións non se coidan e se manteñen adecuadamente os veciños
deixaran de acudir, algo que esta ocorrendo xa, vendo a mingua nos ingresos
deste ano pasado con respecto o anterior, cunha redución de case o 25%, pasando dos casi 6000€ do 2011 os 4000€ do 2012.
Para
Enrique Oubiña e impensable que o concello actúe con tal deixadez, polo que insta
a Salomé Peña unha vez máis a cumprir coas súas obrigas como alcaldesa e a que se ocupe de que as instalacións
municipais estean en perfectas condicións, comezando pola urxente reparación da
maquinaria avariada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario