Cada
día que pasa desde que as fotos de Feijóo e Dorado saíron á luz pública, máis
elementos desa amizade van agromando. Houbo máis anos de relación dos que dixo
o señor Núñez ao comezo, houbo máis viaxes das que dixo, e houbo contratos coa
trama societaria de Marcial Dorado. Alternativa Galega de Esquerda esixe ao
presidente da Xunta que abandone o seu ton matonil e as ameazas, veladas ou
non, aos grupos da oposición parlamentaria e saque dos caixóns os contratos da
Xunta coas empresas do seu amigo e narco da Illa de Arousa. E faga, dunha vez
por todas, por relatar a verdade e as implicacións reais de todas esas
vacacións, noitevellas incluídas, que Feijóo e Dorado pasaron xuntos. A partir
de aí, segundo AGE, a única saída que lle queda a Alberto Núñez Feijóo é poñer
o seu cargo a disposición do Parlamento. Só o seu limitado entendemento da
democracia, revelador da tradición política en que se insire, lle permite
continuar no cargo logo de se descubrir as súas, como mínimo, perigosas
amizades.
11 abr 2013
Feijóo debe facer públicos os contratos con empresas de Marcial Dorado e logo dimitir
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario