17 ene 2014

O PP de Ribadumia negase a poñer remedio o mal estado do campo da Bouza.


  No pleno celebrado este xoves, os populares de Ribadumia votaron en contra dunha moción presentada por Enrique Oubiña onde se propoñía que o concello xestionase o cambio do céspede artificial do campo de a Bouza cuia vida útil esta totalmente esgotada,  e a creación dun plan de mantemento especifico que permitise prolongar a vida dun céspede que resulta moi castigado polo uso diario.

   Na presentación da moción Enrique Oubiña  expuxo a situación do  campo de fútbol da Bouza, en Barrantes, que é o campo que mais uso soporta en todo o concello de Ribadumia, pois ademais do uso dos mais de douscentos xogadores que ten o Umia C.F. nas súas 11 categorías entre as que están un dos poucos equipos femininos da provincia e un dos dous únicos equipos da categoría Biberón do Salnés,  tamén entrenan e xogan eventualmente as categorías inferiores do C.D. Ribadumia, e a maiores disto os nenos do colexio xogan enriba del todos os días durante o curso escolar, todo o cal provocou o degradamento do céspede artificial a unha velocidade moito mais rápida que un campo cun uso mais normal, degradamento que mesmo algún arbitro ten reflexado nas actas dos partidos e que ten provocado mais dunha lesión muscular e moitas feridas por abrasión nos xogadores, moitos deles nenos.
nesta foto podemos comprobar o estado do cespede, totalmente degradado.

   A proposta do noso concelleiro recollía pois as reclamacións, xa vellas,  do Umia C.F. e  dos pais de moitos nenos que sofren as consecuencias de xogar nun campo en tan lamentable estado. Estado o que se chegou dende o punto de vista de Enrique Oubiña  “polo uso intensivo, pero tamen pola inoperancia do PP local, incapaz de buscar solucións os problemas do dia a dia no noso concello”. Tamén deixou claro Oubiña que se o encontro realizado a pe de campo entre membros da corporación local, o presidente da deputación cos seus acólitos e técnicos, e membros da directiva do Umica C.F. hubera dado como resultado o compromiso por parte do concello da sustitución do cespede nunha data concreta, ou a aportación dunha solución efectiva,  se retiraría a moción por innecesaria, cousa que non ocorreu. Isto para o noso concelleirodemostra que Partido Popular está máis interesado na construción de campos novos e moi caros e nas inauguracións oficiais e a propaganda,  que no mantemento das instalacións existentes, como demostra o feito de que  se  negou en redondo a aprobar a moción sabendo sobradamente, logo de visitar o propio campo, que o cespede de A Bouza esta totalmente estragado.”

    Dende o grupo local de Anova non podemos deixar de amosar a nosa sorpresa, pois o mesmo tempo que se negaban a arranxar a situación deste campo e se falaba, con evidente falta de argumentos, de non defender localismos, Rafael Louzán que estaba presente na sala e tamén votou xunto os seus compañeiros en contra de solucionar os problemas do campo da Bouza, confirmaba a aportación da deputación de Pontevedra de un millón de euros para o novo campo que se vai construír en Ribadumia, o lado doutro campo, o de A Senra, que en verbas do propio Rafael Louzan, “nestes momentos esta nun estado aceptable, pero a forza de non utilizarse”, unha obra sobre a que nos xa expresamos en numerosas ocasións que é totalmente innecesaria, unha idea que quedou corroborada onte no pleno coas expresións deste concelleiro do PP, dando a entender que hai un campo que esta infrautilizado.

 Isto levanos, en palabras do concelleiro Oubiña "a concluir que en Ribadumia temos dous campos infrautilizados, o da Senra, segun o señor Louzan,  e o de Leiro, e un campo sobreutilizado, o da Bouza, e resulta que a solución do PP non é amañar e adecuar o uso dos campos existentes, se non que  é facer outro campo mais. Seria increible se non fora certo."

Debemos resaltar unha vez máis que o campo da Bouza en Barrantes e o máis utilizado de todo o Concello ao ser o campo que utilizan os escolares tanto de primaria como da ESO do centro escolar do Concello, tanto para as clases de Educación física como para os recreos do Centro, ademáis dos equipos xa mencionados.  E por eso polo que seguiremos insistinto no seu arranxo, entendendo ademais que debe ser prioritario para o Concello de Ribadumia, moito máis prioritario e dende logo máis barato que gastarse entre Concello e Deputación case millón e medio de euros nun novo campo en Ribadumia.


    Dende Anova insistimos na nosa postura, clara na necesidade de promocionar o deporte polos beneficios que reporta a sociedade e as persoas, pero igual de clara cando decimos que non compartimos a idea de que a promoción do deporte sexa facer instalacións novas e innecesarias deixando as existentes, como esa de Barrrantes ou o campo de Leiro,  sen mantemento e sen arranxo dos problemas que xorden co uso, e moito menos nestes tempos difíciles, onde a lóxica mais elemental dicta que primeiro debemos atender a outras urxencias de carácter social e manter as instalacións  que temos no mellor estado posible, sen embarcarnos en novas obras innecesarias e cun custo para os veciños moi elevado.