Onte publicáronse as
cifras de Paro en España. Os datos son
demoledores .
287.400 parados
en Galicia.
Por provincias
galegas, temos que os malos datos os encabeza precisamente a provincia de Pontevedra, que con 109.700 parados, chega a
unha taxa do 24,87% de parados sobre a poboación activa. Séguelle en porcentaxe de paro, Ourense, cun 23,99% de paro e 32.300 persoas en paro, Logo Lugo, cunha taxa 20,84% e 31.600 parados e finalmente A Coruña, que ten unha taxa de paro do 20,38%, poñéndose nos 113.800 parados.
Pero hai máis datos
negativos. En
Galicia 93.000 fogares teñen
a todos os seus membros en paro, 12,5% máis que fai un ano.
Estas cifras e as
declaracións do ministro De Guindos deste mediodía onde deixou claro que o Partido
Popular desiste de que se vaia a crear emprego o longo desta lexislatura, deixan
claro que tanto as políticas económicas do PP como a súa reforma laboral non
solo non conseguiron ningún tipo de mellora na situación das persoas que viven
neste país, en especial das que sofren o drama de non encontrar traballo, se
non que esta situación non vai mellorar
como mínimo en tres anos.
Chama a atención en
Galicia que as cifras de paro mais alto sexan as da provincia de Pontevedra e
de Ourense, núcleos duro do poder do Partido Popular, de tal xeito que cada dia
queda máis claro, para a desgraza da cidadanía deste país, que o Partido Popular, alí por onde pasa, arruínao
todo, menos os petos dos seus dirixentes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario