20 feb 2014

Orzamentos 2014. I: unha ollada atras

Na elaboración duns orzamentos anuais, compre ter un plan previo de inversións, e planificar a que cuestións se lle queren dedicar recursos, cales son secundarios ou cales son inasumibles. Tamén compre votar un ollo atrás e ver que erros de planificación se cometeron en anos pasados, para axustar as partidas orzamentarias a realidade. Ollando as diferenzas entre os orzamentos e as contas de anos anteriores, podemos comprobar, vendo as cantidades que quedaron sen gastar dentro das súas respectivas partidas, como o equipo de goberno do concello de Ribadumia non se preocupou de ningunha destas premisas.
    
En tres anos quedaron sen gastar dentro desta partida case 51.200€,  un total que esta moi por riba do total orzamentado
 para esta partida no 2013 que foi  de 36.900€


Así nos encontramos con que as partidas para a administración xeral de servizos sociais, se reduciron dos 100.750€ do ano 2010 os 68.650€ do ano 2012, pero sen embargo, nestres tres anos quedaron sen gastar un total de 51.190€ que se moveron para outras partidas ou, peor, quedaron sen gastar. 

   O mesmo ocorre con Acción Social, onde se orzamentaron un total de 616.348,54€ en tres anos, pero dos que 76.691,98€ quedaron sen gastar. Que as cantidades orzamentadas a acción social non se gasten na súa totalidade solo pode significar unha total falta de ideas e planificación neste eido, un eido que a nos nos parece dunha importancia capital, e que non pode orzamentarse nin gastarse sen unha correcta planificación.

 
                                      Non solo o orzamento para promoción do emprego
                             caeu en picado, se non que ademais nin siquera
                           se gastan onde deberia, en tres anos, case 104.000 € 
                         orzamentados non se gastaron na promoción do emprego
                        Para o 2014 solo esta previsto manter o técnico de emprego,  
                         e uns cursiños.
Especialmente grave nos parece a cuestión da evolución das partidas para promoción do emprego, que caeron  dos 145.344,82€ no 2010, dos que 85.075,14 quedaron sen gastar, os 57.500€ do 2012, dos que tampouco se gastaron 13.104,31. 
Que sometidos a unha crise brutal o concello recorte brutalmente as partidas para a promoción do emprego ata deixalas nos 49.000€ previstos no 2013    para pagar o orientador laboral, tampouco é admisible.

  Os desaxustes e falta de previsión quedan refrexados en moitas outras partidas, como nas adicadas a educación, onde no 2010 se orzamentaron 33.691,29€ quedando mais de 5000€ por debaixo do finalmente gastado, e nos dous anos posteriores pola contra se orzamentron en total 153098,55€ pero quedaron sen gastar 27.031,35€, unha cantidade nada desdeñable.

   Na administración xeral de cultura a mesma tónica, somentes ollando o dato do 2012, xa nos encontramos con que dos 84.000€ orzamentados, quedaron sen gastar case 25.000€. En tres anos (2010-2012), solo nesta partida,case 147.000€  que non se gastaron onde corresponderia. Isto é o que o PP chama boa xestión????? 



A administración xeral do concello orzamento en total sumando os anos 2010(741.846,91€), 2011(712.223,39€) e 2012(617.172,14€)  2.071.242,44€, dos cales 256.997.89€ non se gastaron dentro desta partida. 



Case 257.000€  en tres anos que se podían ter dedicado políticas activas de creación de emprego, a programas de acción social diverso, pero que nembargantes se perderon nos gastos correntes, autentica sangría económica neste concello.





   Estes simples exemplo explican que a  realidade do concello de Ribadumia é que os orzamentos se fan sen ningún tipo de planificación para ningún dos apartados, o cal fai que o final en lugar duns orzamentos ben organizados e cun plan de actuacións para o beneficio dos nosos veciños,  teñamos sinxelamente unha previsión de pago de facturas, co conseguinte baile de cifras posterior, con cantidades que se van de un lado para o outro sen control algún. Pero ademais, o uso dos fondos orzamentados para a acción social ou a loita contra o paro, non buscou nin contribuíu en anos anteriores a resolver a situación de todas as familias que mes a mes se ven abocadas a facer uso dos servizos sociais do concello. 

SOLO NO ANO 2012, QUEDARON SEN GASTAR DAS SÚAS RESPECTIVAS PARTIDAS MAIS DE 521.000€, A CUARTA PARTE DE TODO O ORZAMENTO. UNHA BARBARIDADE INASUMIBLE.


Vistos os plantexamento orzamentario deste ano, non parece que haxa nada difernte con respecto a anos anteriores, ademais dunha clara aposta polo gasto de fondos en obras de propaganda, como esa nova biblioteca, a segunda xa neste concello, que se ve dende lonxe que somentes busca ter algo que inaugurar antes das próximas eleccións municipais. Unha moi mala maneira de tapar as vergoñas políticas e  a mala xestión, que nos levara a ter mais infraestructuras que manter entre todos, en detrimento doutras existentes, neste caso a casa de cultura de Ribadumia . 

No hay comentarios:

Publicar un comentario