15 feb 2014

ANOVA PREGÚNTASE SE LOUZÁN QUERE CONSTRUIR UN NOVO “MONTE GAIAS” NA SÚA PARROQUIA NATAL.

Critica o gasto desmesurado das obras que se están a acometer en Ribadumia, a parte de consideralas totalmente innecesarias.
Logo de coñecer a través da prensa que a Deputación de Pontevedra acaba de licitar por
Vista areea do que parece o "Gaias de Louzan"
894.443 Euros unhas obras destinadas “ao acondicionamento do entorno do novo campo de futbol en Ribadumia e a súa “integración no entorno da Pousada¿?”, dende Anova solo podemos mostrar o noso estupor por como se están a facer unha serie de investimentos na parroquia natal, que non no concello,  do presidente da Deputación, o Sr. Louzán, en proxectos que agrupados levan camiño de superar os 5 millóns de euros e que nos levan a sospeitar que se agora Feijoo acordou poñer punto final ao macro-proxecto Fraga da cidade da cultura no monte Gaias,  Louzán parece estar facendo o seu particular Monte Gaias en Ribadumia.

   Revisando o proxecto de adxudicación pódese comprobar que nestes 850.000 euros se inclúen o tema de gradarías, accesos e instalacións varias, pero  precisamente a construción propiamente dita do novo campo de fútbol de céspede artificial non se licita. Isto fainos supor que o propio campo en sí quedará para outra licitación posterior co seu conseguinte desembolso monetario. Se a isto sumamos o que pagou o Concello para a compra do terreo (420.000 €), teremos que o custo do novo campo de fútbol , que se quedara so nun campo de futbol 7, elevarase a practicamente dous millóns de euros, cifra record por desmesurada neste tipo de instalacións.

   Dende Anova queremos facer fincapé, non solo na non necesidade de acometer estas
Plano da obra licitada, que curiosamente
 non inclue o campo propiamente dito.
obras, se non tamén nos custos de mantemento de toda esta instalación deportiva, anexos e “integracións” incluidas, que van ter que pagar todos os veciños de Ribadumia, e que a non moi longo prazo desembocaran ou ben na ruína municipal ou ben nunha desmesurada suba de impostos.

   E triste comprobar como a día de hoxe algunhas instalacións deportivas ou culturais xa existentes mostran síntomas de abandono e falta de mantemento, con goteiras e outros defectos, mentres o PP local mira para outro lado e aposta por mega-proxectos.


   Pero, como diría un famoso debuxo animado, “non se vaian todavía, aínda hai mais”: a todo este gasto hai que sumarlle a previsión de investir máis de un millón de euros para dotar a este novo campo doutro acceso polo norte …  E hai que sumar os 200.000 euros aportados por deputación e concello para a reparación da Igrexa de Ribadumia, aledaña as instalacións anteriores, e cuxo maior logro será un novo chan de madeira e unha iluminación exterior sen igual, e  finalmente a obra central, a Pousada –de acceso privado- de Ribadumia, con mais de 2.100.000 euros de orzamento de fondos públicos, aos que haberá que sumar o importe do equipamento mobiliario da mesma, que tamén pagará a Deputación, ademais según o acordo de adxudicación, a  desexo do adxudicatario da xestión privada (custo estimado en outros 2.000.000 € para as 4 pousadas..).

Total: Mais de 5 millóns de euros, máis de 830 millóns de pesetas, gastados nunha serie de investimentos para un  megaproxecto millonario, que na súa maior parte non ten  ningunha utilidade practica ou que supoña unha mellora na vida dos nosos veciños, e que solo vai servir para facer fotos para librillos de propaganda electoral do PP.  Para máis escarnio, tanto a Pousada como o propio campo de fútbol non serán de libre acceso, a Pousada por ser unha entidade privada, e o segundo por que, por moito que sexa unha instalación municipal o servizo de todos os veciños, vai ser acaparado por un equipo de fútbol, tamén entidade privada,  como xa ocorre co campo existente, e polo tanto non as poderemos desfrutar todos.

Polo visto   á  igrexa si que poderemos acudir todos a pisar a madeira, baixar os xeonllos e rezar pola solución divina dos nosos problemas, visto que do PP, que nos vendeu a salvación,  solo recibimos recortes, impostos, paro e perda de dereitos fundamentais.


No hay comentarios:

Publicar un comentario