7 feb 2014

ANOVA CRITICA O INVESTIMENTO DE DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E CONCELLO NA IGREXA DE RIBADUMIA

Critican o despilfarro de cartos cando existen outras necesidades, que non se coñeza
ningún tipo de contraprestación e que a igrexa non aporte nada.


ANOVA pregúntalle ao PP  se para eles é máis importante a misa dominical que a educación ou o deporte; e se agora asistiremos a “moda” de poñer piso de madeira nas igrexas por parte da Deputación Provincial de Pontevedra.


O Concelleiro de Ribadumia e membro da Agrupación local de ANOVA, Enrique Oubiña, ven de presentar un escrito no Concello cunha serie de consideracións en relación as obras que se están a levar a cabo no entorno e na Igrexa Parroquial Santa Baia de Ribadumia .

Segundo informacións as que tivo acceso ANOVA e tamén publicadas en diversos medios de comunicación. As obras consistentes no acondicionamento e iluminación especial do entorno da casa do cura e da Igrexa, na limpeza da fachada da mesma, no cambio da instalación eléctrica e na dotación do piso de madeira, teñen un coste aproximado de 200.000 Euros e están financiadas íntegramente pola Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Ribadumia, a través dun convenio polo cal o Concello aporta 15.000 € e a Deputación o resto. A propia alcaldesa confirmaba estes datos en declaracións a prensa, ademáis de engadir que a obra xustificábase “polas condicións de frío e humidade da Igrexa”.



   Enrique Oubiña non pode deixar de criticar no seu escrito, tanto o DESPILFARRO que supón esta obra, especialmente o apartado referente a dotación de chan de madeira e a iluminación do exterior, totalmente innecesaria, como tamén as formas, ocultando información e sen que se coñeza ningún tipo de contraprestación para o propio Concello. Finalmente, realizanse unha seria de interpelacións ao PP para que tenten “defender” este investimento. 


                                                                                                                                                                                                                                                                       

En calquera caso, dende o grupo local de Anova opoñemonos a este gasto por varios motivos:

1º DESPILFARRO:

Rexeitamos dun xeito rotundo este xeito de despilfarrar fondos públicos:  xusto neste momento no que se fala de “axustes”,  de priorizar investimentos en quen mais os precisa, cando se fala de recortes, de copago de medicamentos, de reducción de becas, de reducir as pensións de xubilación,… cando hai persoas sen ningún tipo de recurso, tendo que recurrir a caridade, resulta que o Concello e a Deputación teñen cartos de sobra para poñer pisos de madeira en Igrexas??.

Máis rechazo nos produce que este investimento se faga sen que a propiedade, a igrexa poña un euro.  Lembramos perfectamente  que non fai moito o Concello tivo que “compensarlle” a igrexa a cesión dos terreos para o Tanatorio municipal, tendo que “outorgarlle”  máis terreo e mellor situado, no Centro de Barrantes e de tipo urbanizable.


2º O PP DE RIBADUMIA PRIORIZA A RELIXIÓN SOBRE A EDUCACIÓN OU O DEPORTE:

Parecenos increíble que no último pleno o equipo de goberno rexeitara unha moción que pedia solucións para o estado do campo de fútbol de Barrantes, unha instalación que si é propiedade municipal, que utiliza tanto o Colexio como varios categorías de futbol base, negándose incluso a xestionar algún tipo de convenio para o cambio do tapiz de cespede, para que  logo resulte que si hai cartos para este tipo de inversión en Igrexas.  Polo visto para o PP de Ribadumia antes que a Educación ou o fomento do Deporte está a Misa dominical….

3º DESCOÑECENSE SE EXISTE ALGÚN TIPO DE CONTRAPRESTACIÓN PARA O CONCELLO POLO FINANCIAMENTO INTEGRAMENTE PÚBLICO DA OBRA:

A parte dos beneficios “espirituais” que se poden derivar do financiamento da obra “polo que algún  xa teñen gañado o ceo….”, descoñecese se existe algún tipo de contraprestaciónde carácter  “máis material” para os propios veciños ou para a administración a cambio do financiamento total das obras


Finalmente o Concelleiro Enrique Oubiña solicita que se lle entregue copia de diversa documentación e realiza diversas preguntas ao PP local para que tenten “xustificar” os beneficios sociais do investimento:

Así pregunta: cantos postos de traballo estables vai proporcionar a reparación da Igrexa??. Cantas familias, en situación de dificultades socio-económicas verán mellorada a súa situación co novo chan de madeira? Quen se vai facer cargo da factura da luz do novo alumeado colocado no conxunto do Igrexario de Santa Baia? ou Como cree o PP que vai axudar en xeral a mellora da vida dos habitantes do noso concello a reparación da Igrexa ou a construción do novo campo de herba artificial en A Senra?

A parte tamén se interesa por saber se Existen outras solicitudes similares para o resto de igrexas do Concello, e  cal vai a ser a resposta se agora os feligreses doutras parroquias consideran que o chan de pedra das súas igrexas tamén e moi irregular e húmido,  ou se Considera o PP local que tras a moda dos céspedes artificiais imos asistir a moda dos chans de madeira en Igrexas.

Quizais poida parecer que hai certo ton irónico na presentación das cuestións, pero en realidade o que supoñen é a critica ao despilfarro sen control e a non saber ou non querer entender que a administración e de todos e que hai que atender as necesidades das maiorías sociais e non aos caprichos do gobernante de turno. 


A evidencia desto é o que pasa no Concello de Ribadumia, con máis de 500 parados e con moitas familias pasando necesidades mentres a Deputación Provincial de Pontevedra está a investir na parroquia natal do Presidente, Rafael Louzán, mais de 3,5 millóns de euros, posiblemente o doble o remate de todas estas obras,  en facer unha Pousada Rural, de xestión privada, un campo de futbol de cespede artifical, pegado a outro de cespede natural xa existente, os dous para uso exclusivo dun equipo de futbol e agora en dotar a igrexa parroquial de piso de tarima……   

Se alguén pensa que esto é unha adecuada priorización do investimento e reparto equitativo dos cartos que baixe Dios e o vexa….

No hay comentarios:

Publicar un comentario