9 mar 2014

Enrique Oubiña acusa o PP de facer demagoxia a conta dos gastos municipais.

Dende o grupo do concelleiro non adscrito congratulámonos de que por fin o PP admita a súa incapacidade para xestionar   a economía municipal.
   Dúas semanas despois de que o PP de Ribadumia se negase a exercer medidas de control do gasto corrente do concello e a aceptar as propostas do concelleiro Enrique Oubiña para precisamente controlar ese gasto, que supón mais da metade do orzamento de todo o ano, vimos de comprobar polos medios de prensa como o PP, usando unha vez mais a deputación como pantalla, admite precisamente esa necesidade de controlar o gasto corrente.
   Dende o grupo do concelleiro non temos nada claro que o programa firmado coa deputación, que non deixa de ser unha auditoría corrente, pero con aires tecnolóxicos e caros, vaia a servir para  nada mais que gastar  cartos. Pero cando menos congratulámonos de que o PP admita por fin a súa incompetencia e ineptitude para o goberno,  que non ten nin idea de como gasta os cartos de todos os veciños  e  pida axuda, inda que a formula non nos convenza. Pola nosa banda estamos seguros de que se o PP local escoitara as propostas de Enrique Oubiña, entre as que estaban:
-       A eliminación do convenio coa empresa que leva o mantemento do alumeado, que lle custa a este concello 25.000€ anuais, realizando unhas labouras que poden perfectamente realizar o persoal municipal, adecuando as partidas orzamentarias de mantemento as necesidades reais do concello.
-       Eliminar a base do Orzamento que autoriza a alcaldía a contratar todas as partidas do orzamento (propoñendo ademais que os gastos superiores a 6.000 euros vaian a Pleno).

-           Un control exaustivo do gasto eléctrico, para o que este ano hai previstos case 100.000€ mais que o ano pasado, a barbaridade de 279.695€, tomando as medidas necesarias para reducir a descomunal factura.
-          Actuar con mais responsabilidade con certas partidas, creando antes dos orzamentos uns plans de traballo e inversión para o ano económico, en areas como xardinería ou obras menores, e tamén un plan de mantemento das instalacións municipais, dotando das cantidades precisas e controladas a través dun orzamento clarificado, evitando no posible os gastos superfluos e incontrolados, culpables do enorme descontrol dos gastos correntes.
-          Recuperar outros servizos públicos, como a gardería municipal, a asistencia  ou o lixo, para que o concello reciba  os ingresos por beneficios  que agora se levan empresas privadas ou a Deputación de Pontevedra, podendo ademais mellorar o servizo e ofrecer mellores descontos a usuarios.   

non seria necesario gastar cartos que veñan de onde veñan son de todos nos en dicirlle a Salomé o que a estas alturas xa debería saber, pois inda que se negue a velo esta farta de escoitarllo dicir o concelleiro non adscrito, que é que o concello precisa un plan de control nos gastos correntes, planificando os orzamentos con rigor, priorizando as necesidades dos veciños por riba das obras ocas, de chans de madeira en igrexas ou campos de futbol innecesarios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario