No pleno celebrado este xoves, os populares
de Ribadumia votaron en contra dunha moción presentada por Enrique Oubiña onde
se propoñía que o concello xestionase o cambio do céspede artificial do campo
de a Bouza cuia vida útil esta totalmente esgotada, e a creación dun plan de mantemento
especifico que permitise prolongar a vida dun céspede que resulta moi castigado
polo uso diario.
Na presentación da moción Enrique Oubiña expuxo a situación do campo de fútbol da Bouza, en Barrantes, que é
o campo que mais uso soporta en todo o concello de Ribadumia, pois ademais do
uso dos mais de douscentos xogadores que ten o Umia C.F. nas súas 11 categorías
entre as que están un dos poucos equipos femininos da provincia e un dos dous
únicos equipos da categoría Biberón do Salnés,
tamén entrenan e xogan eventualmente as categorías inferiores do C.D.
Ribadumia, e a maiores disto os nenos do colexio xogan enriba del todos os días
durante o curso escolar, todo o cal provocou o degradamento do céspede
artificial a unha velocidade moito mais rápida que un campo cun uso mais normal,
degradamento que mesmo algún arbitro ten reflexado nas actas dos partidos e que
ten provocado mais dunha lesión muscular e moitas feridas por abrasión nos
xogadores, moitos deles nenos.
nesta foto podemos comprobar o estado do cespede, totalmente degradado. |
A proposta do noso
concelleiro recollía pois as reclamacións, xa vellas, do Umia C.F. e dos pais de moitos nenos que sofren as
consecuencias de xogar nun campo en tan lamentable estado. Estado o que se
chegou dende o punto de vista de Enrique Oubiña
“polo uso intensivo, pero tamen
pola inoperancia do PP local, incapaz de buscar solucións os problemas do dia a
dia no noso concello”. Tamén deixou claro Oubiña que se o encontro
realizado a pe de campo entre membros da corporación local, o presidente da
deputación cos seus acólitos e técnicos, e membros da directiva do Umica C.F.
hubera dado como resultado o compromiso por parte do concello da sustitución do
cespede nunha data concreta, ou a aportación dunha solución efectiva, se retiraría a moción por innecesaria, cousa
que non ocorreu. Isto para o noso concelleiro “demostra que Partido Popular está máis interesado na construción de
campos novos e moi caros e nas inauguracións oficiais e a propaganda, que no mantemento das instalacións existentes,
como demostra o feito de que se negou en redondo a aprobar a moción sabendo
sobradamente, logo de visitar o propio campo, que o cespede de A Bouza esta
totalmente estragado.”
Dende o grupo
local de Anova non podemos deixar de amosar a nosa sorpresa, pois o mesmo tempo
que se negaban a arranxar a situación deste campo e se falaba, con evidente
falta de argumentos, de non defender localismos, Rafael Louzán que estaba
presente na sala e tamén votou xunto os seus compañeiros en contra de
solucionar os problemas do campo da Bouza, confirmaba a aportación da
deputación de Pontevedra de un millón de euros para o novo campo que se vai
construír en Ribadumia, o lado doutro campo, o de A Senra, que en verbas do
propio Rafael Louzan, “nestes
momentos esta nun estado aceptable, pero a forza de non utilizarse”, unha
obra sobre a que nos xa expresamos en numerosas ocasións que é totalmente
innecesaria, unha idea que quedou corroborada onte no pleno coas expresións
deste concelleiro do PP, dando a entender que hai un campo que esta
infrautilizado.
Isto levanos, en palabras do concelleiro Oubiña "a concluir que en Ribadumia temos dous campos infrautilizados, o da Senra, segun o señor Louzan, e o de Leiro, e un campo sobreutilizado, o da Bouza, e resulta que a solución do PP non é amañar e adecuar o uso dos campos existentes, se non que é facer outro campo mais. Seria increible se non fora certo."
Debemos resaltar
unha vez máis que o campo da Bouza en Barrantes e o máis utilizado de todo o
Concello ao ser o campo que utilizan os escolares tanto de primaria como da ESO
do centro escolar do Concello, tanto para as clases de Educación física como
para os recreos do Centro, ademáis dos equipos xa mencionados. E por eso polo que seguiremos insistinto no
seu arranxo, entendendo ademais que debe ser prioritario para o Concello de
Ribadumia, moito máis prioritario e dende logo máis barato que gastarse entre
Concello e Deputación case millón e medio de euros nun novo campo en Ribadumia.
Dende Anova
insistimos na nosa postura, clara na necesidade de promocionar o deporte polos
beneficios que reporta a sociedade e as persoas, pero igual de clara cando decimos
que non compartimos a idea de que a promoción do deporte sexa facer
instalacións novas e innecesarias deixando as existentes, como esa de Barrrantes
ou o campo de Leiro, sen mantemento e
sen arranxo dos problemas que xorden co uso, e moito menos nestes tempos
difíciles, onde a lóxica mais elemental dicta que primeiro debemos atender a
outras urxencias de carácter social e manter as instalacións que temos no mellor estado posible, sen
embarcarnos en novas obras innecesarias e cun custo para os veciños moi
elevado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario