
Para Enrique oubiña é
evidente que Salome Peña e os seus compinches do PP non deben de ter o mais mínimo
problema para chegar a fin de mes, por iso seguen a negar a dura situación
que vive o país e que o seu partido non esta axudando a mellorar, e non teñen
reparos en tomar medidas que son claramente un erro.
O tinto barrantes, é
un viño totalmente coñecido para os veciños da nosa comarca, tanto polas súas características
propias e únicas, como polos seus prezos no mercado. É totalmente absurdo poñer a botella de tinto, que ademais non pode ser
etiquetado como tal, a un prezo que non
solo se sae dos prezos de mercado, se non que se sitúa por riba de moitos albariños , ribeiros ou mencias que si están amparados pola
denominación de orixe. Ademais, de facerse así, este non sería o primeiro ano
que o viño ten uns prezos altos, e os resultados no seu momento , e os que
estivemos na festa compartindo unhas tazas con produtores e público sabémolo
ben, foron negativos.

Para Enrique Oubiña
este despropósito deixa claro cales son os únicos intereses dos membros do Partido Popular de
Ribadumia: a propaganda do seu parido. “Pero
nos, que defendemos unha maneira de facer as cousas moito menos elitista e egocéntrica,
seguiremos indo os stands da festa, compartindo unhas
tazas con coñecidos e con descoñecidos, e defendendo,a nosa humilde maneira,
unha festa que moitos levamos no sangue”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario