Os Pablos, un dos grupos referentes da nosa comarca. |
Dende o
noso grupo somos conscientes de que no noso Concello hai unha importante
canteira musical, froito por un lado das
inquietudes dos mozos e mozas de Ribadumia, pero tamén do traballo que se está
a facer tanto por parte da escola de música municipal como das dúas bandas de
música existentes na actualidade, sen esquecer os grupos de musica tradicional
nin que hai locais hostaleiros que programando concertos de forma habitual,
axudan e animan a que nazan novos grupos
no noso concello.
Lamentablemente
moitos dos grupos e rapaces novos que queren comezar neste mundo tan
difícil como é o musical, teñen o problema da falta de recursos e de espazos onde poder realizar os seus ensaios ou gravar as súas maquetas, tendo que recorrer para estas cuestións ben a colaboración da familia, co conseguinte desembolso económico, e tamén nalgunha ocasión provocando molestias aos veciños, froito dos ensaios en pisos ou garaxes, ou ben teñan que marchar a outros lugares onde teñan habilitados locais de ensaio equipados e perfectamente insonorizados.

Nos últimos anos, grupos como Tokedekeda ou os recentes Noite fechada estan a impulsar un importante movemento musical que nace en Ribadumia. |
Dende Anova
Alternativa Ribadumia defendemos a necesidade de que o Concello dea un paso
adiante na promoción da cultura e vaia máis aló da simple entrega de axudas
económicas as entidades culturais e habilite espazos en condicións e co
equipamento preciso para que os xovenes do Concello poidan xuntarse, e os que
lles gusta a música poidan ensaiar sen molestar aos veciños.
unha moción no
concello para que se debata no próximo pleno, onde propoñemos acondicionen
nalgún dos edificios públicos do Concello uns locais de ensaio, se equipen con
todo o necesario tanto a nivel de insonorización, como de equipamento musical e
de gravación, e se poñan a disposición dos grupos do Concello cun regulamento
de uso dos mesmos.
En verbas do
concelleiro Enrique Oubiña, “E impensable
que un concello como o noso cunha
importante tradición musical, e que ten dúas bandas de música e unha escola
musical, non dispoña dun local de ensaio para que os nosos xovenes poidan
desfrutar e sacar adiante a súa paixón pola música”. Como ademais consideramos
que non é un tema menor, presentamos a moción con tempo abondo para que o
equipo de Salomé Peña poidan tomarse tempo de considerar esta proposta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario